Ibermutua recoñece prestacións extraordinaroas por cese de actividade a case 72.000 traballadores por conta propia

22 de abril de 2020 a las 11:31
Prestación extraordinaria CATA COVID-19

Ibermutua recoñeceu prestacións extraordinarias por cesamento de actividade de traballadores autónomos que se viron afectados pola declaración de estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, cun importe total de 54,1 millóns de euros.

Trátase dunha nova prestación extraordinaria por cesamento de actividade, establecida no Real Decreto-lei 8/2020, do 18 de marzo e cuxa vixencia está limitada á duración do estado de alarma, que está dirixida aos traballadores autónomos que tivesen que pechar o seu negocio, e cuxa actividade se atope recollida na listaxe de CNAE´ s (Clasificación Nacional de Actividades Económicas) que estableceu a Administración da Seguridade Social. Esta listaxe ten un carácter orientativo, e non exclúe a aquelas actividades que, aínda non estando recollidas nel, tivesen que cesar forzosamente por entenderse susceptibles de ser suspendidas no contexto actual do estado de alarma. Esta prestación, que pode solicitarse ata o último día do mes seguinte a que termine o estado de alarma, está tamén dirixida a traballadores autónomos que demostren que a súa facturación do mes anterior á solicitude viuse reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media de facturación do semestre natural anterior.

Ata a data, Ibermutua recoñeceu un total de 71.777 solicitudes desta prestación, o que supón o 12% das prestacións recoñecidas polo conxunto do sector de Mutuas. Das prestacións abonadas por Ibermutua, 47.695 (o 66 %) son solicitudes realizadas por autónomos que tiveron que cesar a súa actividade durante o estado de alarma, mentres que 24.082 (34%) prestacións solicitadas á Entidade ata o momento son de traballadores autónomos que recoñecen unha baixada de ingresos en, polo menos, un 75% en relación coa efectuada no semestre anterior. Recoñecéronse 9 de cada 10 solicitudes presentadas.

Co obxectivo de facilitar ao máximo a tramitación desta prestación económica aos autónomos adheridos á Entidade susceptibles de solicitala, Ibermutua despregou, nun breve espazo de tempo, tanto un formulario online para presentar a solicitude dunha maneira áxil a través da súa na páxina web, como unha campaña informativa dixital (web, newsletter e de atención directa en redes sociais), dirixida tanto ao seu colectivo de autónomos protexidos como á rede de asesorías e despachos profesionais que xestionan estes profesionais, coa información e novidades desta prestación.

Etiquetas: , ,

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados