Javier Flórez, director de Ibermutua Gallega, incorpórase á Comisión de Relacións Laborais, Formación e Emprego da CEG

26 de abril de 2021 a las 14:01

Javier Flórez Arias, director territorial de Ibermutua Gallega, incorpórase como vogal titular á Comisión de Relacións Laborais, Formación e Emprego da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Javier Florez director de Ibermutua gallega

A designación de Flórez tivo lugar, a proposta da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), durante a primeira reunión desta Comisión, celebrada o pasado 17 de marzo de 2021. Na actualidade, Javier Flórez tamén é director territorial de AMAT en Galicia e representante da CEC.

As distintas Comisións internas da CEG encárganse do estudo e debate dos asuntos sectoriais e de política económica e laboral. En concreto, os obxectivos da Comisión de Relacións Laborais, Formación e Emprego son debater, analizar e realizar propostas aos Órganos de Goberno de cuestións que resulten de interese, no ámbito autonómico, para as organizacións empresariais e empresas asociadas en materia de negociación colectiva, solución autónoma de conflitos laborais, relacións laborais, emprego, inmigración, asuntos sociais, Seguridade Social, Prevención de Riscos Laborais, Mutuas, igualdade, envellecemento activo, etc., co fin de configurar a posición empresarial a defender ante as Administracións competentes e no diálogo social bipartito e tripartito, a participación institucional e calquera outro ámbito.

Asemade, esta Comisión terá como labor establecer a postura da CEG sobre os diferentes elementos do sistema de formación de interese para as organizacións empresariais, así como fomentar o intercambio de experiencias de boas prácticas na xestións do coñecemento no ámbito empresarial.

Ademais, consensuará a postura empresarial en torno ás iniciativas e propostas no ámbito da Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

Etiquetas: , ,

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados