Ibermutua e o Círculo de Empresarios de Galicia asinan un convenio de colaboración

25 de enero de 2022 a las 14:15
firma convenio Ibermutua-Confederación Empresarios de Galicia

Ibermutua e o Círculo de Empresarios de Galicia asinaron un convenio de colaboración cuxo obxectivo é facilitar a divulgación adecuada das novidades normativas en materia de Seguridade Social, con especial dedicación ás prestacións responsabilidade da Mutua, a través de distintas canles de comunicación.

O documento subscrito prevé o intercambio de información entre profesionais de ambas as entidades para a posta ao día das novidades en materia de xestión da Seguridade Social relacionada coas coberturas que presta Ibermutua.

Ademais, ambas as partes colaborarán na organización de xornadas relativas á xestión da Seguridade Social no referente ás coberturas que efectúa a Mutua. Estas sesións irán dirixidas ao colectivo protexido por Ibermutua do ámbito do Círculo de Empresarios.

Ibermutua tamén poñerá ao dispor do Círculo de Empresarios de Galicia a documentación específica en materia de xestión da Seguridade Social e informaralle de todas as novidades normativas relativas a esta materia.

O convenio foi subscrito hoxe por Manuel Rodríguez Vázquez, presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, e por Javier Flórez Arias, director territorial de Ibermutua galega. Na firma estivo presente tamén Alejandra Garrido Fernández, subdirectora territorial de Ibermutua galega.

Etiquetas: , ,

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados