CEL e Ibermutua asinan un acordo para colaborar no apoio as empresas lucenses

3 de diciembre de 2020 a las 14:17
Cel e Ibermutua gallega firman un acuerdo de colaboración

A Confederación de Empresarios de Lugo ( CEL) e Ibermutua subscribiron hoxe un acordo de colaboración para mellorar os servizos de asesoramento e información da CEL ás súas empresas, mediante a divulgación das novidades normativas en materia laboral e de Seguridade Social, con especial atención a prestacións xestionadas por Ibermutua, no marco das súas competencias como Mutua Colaboradora coa Seguridade Social.

A través do acordo búscase dar forma a unha colaboración mediante o establecemento de canles de información estables entre ambas as entidades que permitan o intercambio de coñecemento entre profesionais e das publicacións especializadas que elaboran.

O convenio tamén contempla a posibilidade de organizar accións divulgativas como xornadas de actualización e posta ao día de coñecementos en materia de xestión de Seguridade Social relacionada coas coberturas que efectúa a Mutua, dirixidas aos asociados protexidos por Ibermutua galega do ámbito de actuación da CEL.

O acto de firma tivo lugar na sede central da CEL coa presenza da directora do centro en Lugo de Ibermutua galega, Ana Belén Buendía, e o secretario xeral da CEL, Jaime López.

Consello Asesor
Á marxe do acordo, Ibermutua galega incorpórase ao consello asesor da CEL, que aglutina a empresas cunha especial traxectoria e implantación na provincia. Na actualidade e coa incorporación de Ibermutua galega, son xa trinta e cinco as empresas que o conforman, representantes de todos os sectores de actividade con forte peso na provincia (alimentación, pesca, transporte, enerxía, distribución ou banca e servizos, entre outros).

Etiquetas: , , ,

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados