Portada

Castellano
Unidade do Soño

Unidade do Soño

É un servizo especializado na avaliación e diagnose de pacientes con procesos de baixa cubertos pola Mutua e que estean directamente relacionados con trastornos do soño.

Os trastornos do soño son moi frecuentes na poboación traballadora e están directamente relacionados cos accidentes de traballo, especialmente en aquelas profesións ou actividades que requiren concentración, atención e rápida capacidade de reacción para desenvolver o traballo en condicións de seguridade tanto para o propio traballador como para as persoas qeu o rodean.

Nas nosas unidades facemos varios tipos de probas, como a Polisomnografía nocturna convencional, realizada nas nosas instalacións, que consiste no rexistro nocturno simultáneo de variables neurofisiolóxicas (actividade cerebral, muscular…) e cardiorrespiratorias que permiten avaliar a cantidade e calidade do soño, así como identificar os diferentes ventos cardíacos, respiratorios, motores, etc., e a repercusión que estes teñen no soño.

Tamén contamos con equipos de Poligrafía Respiratoria domiciliaria, unha proba utilizada para diagnosticar o Síndrome de Apnea –Hipopnea do Soño (SAHS). Para realizar este estudio, os profesionais sanitarios ensinan ao paciente a utilizar o dispositivo que este se levará ao seu domicilio. Unha vez alí, o único que ten que facer é seguir as instrucións que lle deu o profesional sanitario na Mutua. A información queda rexistrada e almacenada no dispositivo e, posteriormente, é analizada polo médico neurofisiólogo.

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados