
Unidade de Rehabilitación de Tlerrehabilitación Cardíaca
É un servizo especializado na rehabilitación integral dos pacientes que padeceron recentemente unha anxina de peito, un infarto de miocardio, etc., e se atopan nun proceso de incapacidade temporal (baixa médica) cuberto por Ibermutua.
Na Unidade de Rehabilitación Cardíaca de Ibermutua, que reduce o número de incapacidades permanente orixinadas pola enfermidade coronaria e mellora a calidade de vida destes pacientes, conséguese ademais:
- Recuperar a máxima capacidade funcional, mediante un programa de adestramento físico controlado.
- Controlar os factores de risco cardiovascular, a través dun seguimento clínico dos mesmos.
- Diminuír o período de convalecencia.
- A readaptación persoal, social e laboral do paciente, mediante técnicas psicolóxicas para axudar a superar á enfermidade e as súas complicacións asociadas, como a depresión.
- Diminuír a mortalidade asociada a novos eventos cardíacos.
Nas Unidades de Telerrehabilitación cardíaca incorpórase un sistema de vídeoconsulta cardiolóxica.
Asemade, en Ibermutua tamén levamos a cabo un programa de rehabilitación cardíaca domiciliaria, mediante un sistema de monitoraxe cardiolóxica remota.
Este programa está dirixido aos pacientes en situación de baixa laboral por cardiopatía isquémica que, tras realizarlles unha valoración cardiolóxica inicial en Ibermutua –consistente nunha historia clínica detallada, exploración física, ecocardiografía (se non se lle realizase durante o seu ingreso hospitalario) e proba de esforzo (para descartar a existencia de isquemia residual e valorar a capacidade funcional de referencia, de cara a programar o exercicio a realizar durante a rehabilitación cardíaca)-, son clasificados como pacientes de baixo risco.
De acordo cos criterios das Guías Clínicas da Sociedade Europea e Española de Cardioloxía para pacientes que teñen sufrido un infarto de miocardio, enténdese por paciente de baixo risco o que presenta as seguintes características:
- Evolución intrahospitalaria do infarto boa e sen complicacións.
- Revascularización coronaria completa (odas as arterias con lesións obstructivas están revascularizadas).
- Proba de esforzo prognóstica, clínica e electricamente negativa, na que non se inducen arritmias significativas.
- Ventrículo esquerdo con función contráctil (de ambos ventrículos) normal.
Antes de iniciar a rehabilitación cardíaca domiciliaria, o paciente realizará unhas sesións de aprendizaxe nas instalacións da Unidade de Rehabilitación Cardíaca.
Nelas, o persoal sanitario de Ibermutua ensinaralle o tipo de exercicio físico a realizar diariamente, a duración e intensidade do mesmo e como utilizar o dispositivo de monitoraxe cardiolóxica remota, composta por unha camiseta ou banda torácica de rexistro con eléctrodos incorporados e unha gravadora de electro cardiografía portátil, que permite rexistrar a frecuencia cardíaca, a aparición de arritmias ou alteracións da condución durante o tempo que o paciente realice a actividade física ou a presencia de síntomas como mareo, palpitacións ou dor precordial.
Asemade, ensínase ao paciente a tomarse as constantes vitais (frecuencia cardíaca ou pulso radial e/ou carotideo e a tensión arterial) antes de iniciar e de finalizar a actividade física e explicaráselle como encher tanto a folla de control co tipo e duración do exercicio realizado cada día como a folla de rexistro das constantes vitais e a sintomatoloxía, se a houbera durante a sesión. Tamén recibirá instrucións sobre que facer en caso de ter síntomas clínicos ou situacións de emerxencia.
Cunha periodicidade semanal ou quinquenal, o paciente acudirá aos controis preestablecidos polo seu médico de Ibermutua, que lle valorará medicamente e lle resolverá posibles dúbidas e incidencias e envorcará os datos gravados no sistema de monitoraxe cardiolóxica remota, para a súa análise, estudo e seguimento.
O sistema de monitoraxe cardiolóxica remota, mentres o paciente realiza actividade física fóra das instalacións da Unidade de Rehabilitación Cardíaca de Ibermutua, permite:
- Optimizar o tratamento farmacolóxico do paciente para lograr un control adecuado da frecuencia cardíaca (tanto en repouso como durante a realización de exercicio físico).
- Proporcionar un complemento diagnóstico ante a aparición de síntomas clínicos durante ou despois da realización do exercicio (sensación de mareo, palpitacións, etc…), permitindo confirmar e identificar a existencia de arritmias ou trastornos da condución que puidesen estar relacionados cos síntomas sinalados.
- O rexistro do número, intensidade e duración das sesións de exercicio físico permite axustar de forma progresiva as cargas de exercicio ao seu rendemento, para obter unha melloría da súa capacidade funcional.
- A supervisión médica a distancia xera no paciente unha progresiva autoconfianza para normalizar a súa actividade física e acadar os estándares de vida previos ao infarto.
Enlaces relacionados:
- Ver vídeo explicativo sobre Unidade de Rehabilitación Cardíaca
- Ficha Servizo Integral
- Recomendacións para a prevención cardiovascular
Compartir: Twitter Facebook Meneame Fresqui Delicious E-mail