Portada

Castellano
Laboratorio de Biomecánica

Laboratorio de Biomecánica

O Laboratorio de Biomecánica ou Unidade de Valoración Funcional de Ibermutua é unha unidade especializada na que se avalía de forma obxectiva o estado funcional do sistema músculo-esquelético de aqueles traballadores que se atopan nunha situación de incapacidade temporal, tras ter sufrido un accidente laboral ou unha enfermidade común, e que presentan algún tipo de limitación ou dificultade para retornar as súas actividades habituais previas ao accidente.

Emprégase fundamentalmente para valorar e cuantificar as secuelas que poden carrexar os danos producidos por distintas patoloxías e se estas secuelas inflúen dalgún modo sobre a capacidade de traballar así como para medir a eficacia do tratamento que estea seguindo, cando é necesario analizar as modificacións que poden efectuarse respecto a dito tratamento e cando, unha vez finalizado o proceso patolóxico, hai que definir de forma obxectiva e precisa as limitacións funcionais que ten o paciente.

Para realizar estas medicións, os Laboratorios de Biomecánica de Ibermutua dispoñen de numerosas ferramentas, que varían en función da técnica biomecánica que se utilice no proceso de valoración e da patoloxía que se analice.

É frecuente o uso dun sistema de fotogrametría ou vídeo con diferentes cámaras sincronizadas, para rexistrar a imaxe do paciente estudiado e analizar as características do movemento que desenvolve cando realiza un determinado xesto.

Tamén se utiliza un programa electrónico capaz de medir de forma obxectiva tanto a forza desenvolvida polos diferentes grupos musculares como o rango de movemento que é capaz de efectuar unha determinada articulación.

As probas máis frecuentes son:

  • Valoración funcional da capacidade de marcha.
  • Valoración e tratamento dos trastornos do equilibrio postural.
  • Valoración funcional das lumbalxias.
  • Valoración funcional da patoloxía de xeonllo.
  • Valoración funcional das cervicalxias.
  • Valoración funcional do ombreiro.
  • Valoración funcional da forza do puño e pinza.
  • Valoración da forza muscular e a mobilidade articular.

Más información:

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados