Portada

Castellano
Consellos para manter unhas costas saudables

Consellos para manter unhas costas saudables

  • Se vostede ten dor de costas, evite o repouso prolongado na cama, xa que favorece a debilidade e atrofia muscular. É suficiente un repouso relativo as primeiras 48 horas e despois retome progresivamente a actividade habitual, evitando as situacións de risco para as costas.
  • Non adopte posturas inadecuadas para a columna. Intente manter sempre que sexa posible, as curvaturas fisiolóxicas da mesma, independentemente da postura ou xesto que teña que realizar.
  • Cando vaia a permanecer moito tempo de pé, coloque un dos seus pés máis adiantado e/ou elevado.
  • Non incline o tronco cara adiante sen dobrar os xeonllos.
  • Levante os presos coa forza das súas pernas e non coas costas. Se a carga que ten que levantar é excesiva ou voluminosa, pida axuda.
  • Utilice un colchón de dureza intermedia e intente durmir boca arriba ou de lado cos xeonllos flexionados.
  • Séntese de forma correcta, coas costas ben pegadas ao respaldo, os pés apoiados no solo e cun bo apoio na zona lumbar.
  • O exceso de peso inflúe negativamente nas costas, en especial na rexión inferior da columna. É fundamental manter un peso adecuado para evitar sobrecargar a rexión lumbar.
  • Intente deixar de fumar. Os fumadores son máis propensos a desenvolver dor de costas polos efectos prexudiciais que provoca a nicotina sobre a circulación sanguínea.
  • Practique relaxación. A tensión excesiva, o estrés e os problemas emocionais teñen moito que ver coa presencia e prolongación excesiva no tempo de dor de costas. Estas situacións favorecen que a musculatura das costas se contraia, se tense e se volva dolorosa.

Enlaces relacionados:

  • Manual Aprenda a coñecer as súas costas e protexer a súa columna
  • Manuel para el coidado das costas
  • Tríptico informativo: Por que nos doen as costas?
  • Ver vídeo explicativo da Escola das Costas de Ibermutua
  • Manual Aprenda a coñecer as súas costas e protexer as súas costas
  • Manual para o coidado das costas
  • Tríptico informativo: Por que nos doen as costas?
  • Ver vídeo explicativo da Escola das Costas de Ibermutua

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados