Portada

Castellano
Proxectos de futuro

Proxectos de futuro

Os proxectos de futuro de Ibermutua van dirixidos a garantir unha prestación do servizo especializada e de calidade en favor das nosas empresas mutualistas e traballadores protexidos. A proposta de futuro de Ibermutua no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia incorpora as seguintes liñas de actuación:

  • Aposta por unha rede de centros máis ampla e mellor dotada. Co obxectivo de dispoñer da oferta de servizos sanitarios máis cualificada do sector, imos realizar un forte impulso investidor en Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe total de 15-20 millóns de euros no próximos cinco anos, o que permitirá dotar os centros cun maior equipamento e servizos, tales como Unidade de Radiodiagnóstico por Imaxe, historia clínica dixital, Unidade do Soño, Rehabilitación Cardíaca, Escola de Costas, Laboratorio de Biomecánica e outros servizos dirixidos a equiparar os centros propios de Galicia co resto da rede de centros que a Mutua dispón en todo o territorio nacional. Estas melloras na Rede reverten nunha maior proximidade ás nosas empresas mutualistas e unha mellor atención e calidade asistencial aos seus traballadores.
  • Aposta pola innovación e posta en marcha de novos programas que permitan avanzar na xestión do absentismo, definindo programas individualizados de acordo á tipoloxía e necesidades específicas das empresas asociadas.
  • Fomento continuo da investigación clínica dos nosos profesionais sanitarios, impulsando programas de innovación e desenvolvemento (I+D+i), para a posta en marcha de novos servizos, que complementan e reforzan a atención sanitaria coa incorporación das técnicas terapéuticas máis avanzadas e a tecnoloxía máis punteira.
  • Aposta firme polo desenvolvemento tecnolóxico como ferramenta para facerse máis próxima e accesible ás súas mutualistas. Ademais en Ibermutua estamos inmersos nun proceso de transformación dixital cuxo obxectivo persegue a anticipación ás necesidades dos nosos mutualistas e prestar unha atención o máis personalizada e próxima posible, en todo momento.

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados