Portada

Castellano
Prevención dos Riscos Laborais

Prevención dos Riscos Laborais

De acordo co Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, en relación co réxime xurídico das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social que realizan as mutuas son:

  • Prestacións asistenciais a favor dos empresarios asociados e dos seus traballadores dependentes, así como dos traballadores por conta propia adheridos que non xeren dereitos subxectivos, dirixidas a asistir aos mesmo no control e, no seu caso, redución dos accidentes de trabalo e das enfermidades profesionais da Seguridade Social.
  • Actividades de asesoramento ás empresas asociadas e aos traballadores autónomos ao obxecto de que adapten os seus postos de traballo e estruturas para a recolocación dos traballadores accidentados ou con patoloxías de orixe profesional.
  • Actividades de investigación, desenvolvemento e innovación dirixidas á redución das continxencias profesionais da Seguridade Social. Corresponderá ao órgano de dirección e tutela das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, dependente do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, establecer a planificación periódica das actividades preventivas da Seguridade Social que desenvolverán aquelas, os seus criterios, contidos e orde de preferencias, así como tutelar o seu desenvolvemento e avaliar a súa eficacia e eficiencia.

As Comunidades Autónomas que ostenten competencia de execución compartida en materia de actividades de prevención de riscos laborais, e sen prexuízo do establecido nos seus respectivos Estatutos de Autonomía, poderán comunicar ao órgano de tutela das Mutuas as actividades que consideren que deban desenvolverse nos seus respectivos ámbitos territoriais para que se incorporen á planificación das actividades preventivas da Seguridade Social.

Estas actividades desenvolveranse de acordo coa planificación periódica das actividades preventivas aprobadas polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

En ningún caso poderán as mutuas desenvolver directamente as funcións correspondentes aos servizos de prevención alleos.

Ibermutua ten asumido un compromiso coa prevención de riscos laborais e a mellora das condicións de saúde e de traballo no noso país.

O noso primeiro obxectivo no ámbito da prevención de riscos é a redución da sinistralidade laboral, así como a mellora das condicións de traballo.

A nosa actuación neste ámbito ten permitido que as empresas asociadas a Ibermutua teñan un 30% menos de sinistralidade que o resto da actividade produtiva do país.

Para a realización destas accións, a actividade desenvolvida polo equipo técnico materialízase en:

Enlaces relacionados:

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados