
Historia
O 1 de xaneiro de 2019 inicia a súa actividade Ibermutua, unha nova entidade froito da integración por fusión de Ibermutuamur e Mutua Gallega. Nace desde o compromiso e respecto á diversidade e identidade territorial propia existente na organización territorial do Estado, e, nesta liña, actúa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia coa denominación de Ibermutua Gallega.
Na Comunidade Autónoma de Galicia, a nosa entidade ten unha longa historia e tradición na protección que realizamos como Mutua. Así, as orixes da nova entidade remóntanse a 1958, co inicio de Mutua Gallega baixo a denominación Mutualidad Gallega de Accidentes del Trabajo en las Industrias de la Construcción, Vidrio, Cerámica y otros Gremios. En 1986 absorbe á Mutua Patronal Coruñesa nº 257, nacida en 1969 e en 1993 á Mutualidad Naviera nº 18, nacida en 1920. A partir de 1994 adoptará a denominación de Mutua Gallega, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 201.
A nivel nacional, as orixes de Ibermutua, que é o resultado da integración de 26 mutuas de ámbito provincial e rexional, remóntanse a 1926, ano en que iniciou a súa actividade a Mutua Castellana, sendo unha das entidades máis antigas do sector e orixe da actual Ibermutua. (Consultar historia completa no apartado A nosa Historia)
O 29 de outubro de 2018, as Xuntas Xerais Extraordinarias de Ibermutuamur e de Mutua Gallega aproban o proceso de integración por fusión de ambas entidades nunha nova mutua, Ibermutua, que, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, operará coa denominación Ibermutua Gallega.
O Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social autoriza o 13 de decembro de 2018 dita operación, facéndose efectiva o 31 de decembro de 2018. Comeza así unha entidade, Ibermutua, que se sitúa á cabeza do sector en eficiencia e solvencia, o que garante aos traballadores protexidos o acceso ás prestacións que xestiona incluídas as Prestacións Especiais, non obrigatorias, que outorga a Comisión de Prestacións Especiais con cargo á Reserva de Asistencia Social, e convértese na primeira mutua do sector por cota de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia e terceira a nivel nacional.
A diversidade conforma unha das notas características e distintivas de Ibermutua: a nosa adecuación á estrutura e organización autonómica do noso país, que se concreta e canaliza na creación e funcionamento de Xuntas Territoriais, unha delas en Galicia, cuxa creación se aprobou no transcurso da Xunta Xeral Extraordinaria celebrada con data 10 de xaneiro de 2019, e Provinciais. E sempre cun obxectivo común: mellorar a calidade das coberturas das nosas empresas asociadas e a protección dos traballadores.
Compartir: Twitter Facebook Meneame Fresqui Delicious E-mail