Portada

Castellano
Prestacións Económicas

Prestacións Económicas

Como entidades colaboradoras coa Seguridade Social, as Mutuas asumen as prestacións derivadas do accidente de traballo e enfermidade profesional (continxencias profesionais) que veñen reguladas pola Lei Xeral de Seguridade Social [1]. Estas prestacións económicas son:

Incapacidade temporal: É a situación na que se atopa o traballador cando está imposibilitado temporalmente para traballar e precisa asistencia sanitaria da Seguridade Social. A incapacidade temporal será consecuencia dun accidente de traballo ou unha enfermidade profesional, e durará mentres o traballador reciba asistencia sanitaria e estea impedido para o traballo. A prestación económica por incapacidade temporal trata de cubrir a falta de ingresos que se produce cando o traballador se encontre nesta situación. Son beneficiarios os traballadores afiliados e en alta. En caso de accidente ou enfermidade profesional non se exixe período previo de cotización. A contía do subsidio será o 75% da base reguladora, e percibirase desde o día seguinte ao da baixa. A duración máxima será de 12 meses, prorrogables a outros 6 cando se presuma que en este tempo o traballador poida ser dado de alta por curación. Cando este prazo máximo de 18 meses se teña extinguido, se examinará nun prazo máximo de tres meses o estado de incapacitado, a efectos da súa cualificación, como incapacitado permanente.

A xestión dos procesos de incapacidade temporal é unha labor fundamental das Mutuas. Consulte aquí en que consiste e como se xestionan os procesos de incapacidade temporal.

Lesiones permanentes non invalidantes: Enténdese por “lesións permanentes non invalidantes” toda lesión, mutilación ou deformidade, causada por accidente de traballo ou enfermidade profesional, de carácter definitivo, que non constitúa incapacidade permanente, que altere ou diminúa a integridade física do traballador, que estea catalogado no baremo establecido ao efecto.
A prestación consiste nunha indemnización que se concede por unha sola vez, a súa contía está fixada poro baremo, é compatible co traballo na mesma empresa e incompatible coas prestacións de incapacidade permanente, polas mesmas lesións.
Orde ESS/66/2013, de 28 de xaneiro, pola que se actualizan as cantidades a tanto alzado das indemnizacións por lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo e non invalidantes.

Incapacidade permanente: Na modalidade contributiva, é incapacidade permanente a situación do traballador que, despois de ter estado sometido ao tratamento prescrito e de ter sido dado de alta medicamente, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral. Non se exixe período previo de cotización, se a incapacidade deriva de accidente sexa ou non laboral ou de enfermidade profesional. A incapacidade permanente cualifícase con arranxo aos seguintes grados:

  • Incapacidade permanente parcial para a profesión habitual: É a que, sen acadar o grado de total, ocasiona ao traballador unha diminución no inferior ao 33% no rendemento normal para a súa profesión sen impedirlle outras tarefas fundamentais da mesma. A contía a percibir será o importe de 24 mensualidade da base reguladora que serviu para o cálculo da prestación de Incapacidade Temporal. No aso dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos será a que ocasione ao traballador unha diminución non inferior ao 50% do seu rendemento normal para dita profesión sen impedirlle a realización das tarefas fundamentais de aquela.
  • Incapacidade permanente total para a profesión habitual: É aquela que inhabilita ao traballador para a realización de todas ou das tarefas fundamentais da súa profesión sempre que poida dedicarse a outra distinta. A contía a percibir será do 55% da base reguladora, que se poida incrementar nun 20% para traballadores maiores de 55 anos e que non realicen traballos.
  • Incapacidade permanente absoluta para todo traballo: É aquela que inhabilita por completo ao traballador para toda profesión ou oficio. A contía da prestación será o 100% da base reguladora e a pensión será vitalicia.
  • Gran invalidez: É a situación dun traballador afectado de incapacidade permanente e que, a consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesita a asistencia doutra persoa para levar a cabo os actos máis esenciais da vida. A contía a percibir é a mesma que para a Incapacidade Permanente Absoluta e se incrementa nun 50% destinado á persoa que atende ao inválido.

Morte e Supervivencia: Nestas prestacións hai que distinguir entre os suxeitos causantes (falecidos) e beneficiarios. As Mutuas contan con persoal que asesora sobre as axudas e indemnizacións que a Lei Xeral da Seguridade Social [1] establece no caso do falecemento do traballador, as seguintes prestacións:

  • Auxilio por defunción: Os familiares do falecido que teñan sufragado os gastos do enterro, terán dereito a unha indemnización, segundo Lei Xeral da Seguridade Social. Esta axuda prescribe aos 5 anos do falecemento do traballador, e para optar a ela non se exixe un período previo de cotización.
  • Indemnizacións en caso de falecemento: Existen tamén outras indemnizacións especiais en caso de morte por accidente de traballo e enfermidade profesional. Beneficiarios e contía:
    -Viúvo/a: 6 mensualidades da base reguladora, calculada igual que na pensión de viuvez. –Orfos: 1 mensualidade da base reguladora. –Pai e/ou nai: 9 mensualidades en caso de madre ou padre, e 12 se sobreviven ambos. Neste caso tense que cumprir uns requisitos tales como que: -Non exista ningún familiar con dereito a pensión por morte ou supervivencia. –Non teñan dereito a prestación en favor de familiares. –Viviran a expensas do falecido.
  • Prestacións de viuvez, orfandade e familiares: Neste caso, o cónxuxe supervivente (viuvez), os fillos menores de 18 anos ou menores de 22 anos ou de 24 se son orfos absolutos, se non traballan ou, se o fan, os ingresos que obteñan sexan inferiores ao 75% do Salario Mínimo Interprofesional (orfandade) ou os familiares próximos ao falecido, terán dereito a recibir o pago dunha pensión. Requisitos: Se é traballador e ten falecido por accidente ou enfermidade profesional, non se exixe período previo de cotización. Contía:
    Viuvez: 52% da base reguladora do falecido.
    Orfandade: 20% da base reguladora para cada orfo, podendo incrementarse co 46% correspondente á pensión de viuvez, se non existe cónxuxe sobrevivente. Límite 100%.
    Familiares: 20% da base reguladora.

[1] Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproa o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

Outras prestacións recoñecidas na Lei de Igualdade [2], vixente desde o 24 de marzo de 2007:

Risco durante o embarazo e/ou lactación natural: A prestación de risco durante o embarazo e/ou lactación natural, dentro da acción protectora do Sistema da Seguridade Social, ten a finalidade de protexer a saúde da muller embarazada e/ou do seu fillo durante o período de lactación natural. Desta forma dáse cobertura aos supostos no que, debendo a muller traballadora cambiar de posto de traballo por outro compatible co seu estado, porque –de conformidade coa lei de prevención de riscos laborais- as condicións nas que se desenvolva a súa actividade laboral poden influír negativamente na súa saúde ou na do feto, dito cambio non resulta técnica ou obxectivamente posible, ou non poda razoablemente exixirse por motivos xustificados. A prestación económica trata de cubrir a perda de ingresos que se produce. Esta prestación está incluída dentro da acción protectora de todos os réximes do Sistema da Seguridade Social. A partir de 24 de marzo de 2007, considérase derivada de continxencias profesionais. A prestación consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora:

  • A equivalente á que estea establecida para a prestación por incapacidade temporal (IT) derivada de continxencias profesionais, tomando como referencia a data en que se emita o certificado polos servizos médicos do INSS ou da Mutua,
  • ou a equivalente á establecida para a prestación por IT derivada de continxencias comúns cando no caso das traballadoras autónomas non contemple a cobertura das continxencias profesionais e cando non se tivese mellorado voluntariamente o ámbito da acción protectora, incorporando a protección desta situación ou a das continxencias profesionais.

Pode ampliar esta información aquí.

A Lei 39/2010, de 22 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2011, inclúe a Prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave: É unha prestación económica destinada aos proxenitores, adoptantes ou acolledores que reducen a súa xornada de trabalo para o coidado do menor ao seu cargo afectado por cancro ou outra enfermidade grave. O subsidio ten por obxecto compensar a perda de ingresos que sofren os interesados ao ter que reducir a súa xornada, coa conseguinte diminución do seu salario, pola necesidade de coidar de maneira directa, continúa e permanente aos fillos ou menores ao seu cargo durante o tempo da súa hospitalización e tratamento continuado da enfermidade. Esta prestación está incluída dentro da acción protectora do Sistema da Seguridade Social desde 01-01-2011..

  • A prestación consiste nun subsidio, de pagamento diario, equivalente ao 100% da base reguladora (BR) que estea establecida para:A prestación de incapacidade temporal (IT) deriva de continxencias profesionais e en proporción á redución que experimente a xornada de traballo,
  • Ou, no seu caso, a deriva de continxencias comúns, cando non se teña optado pola cobertura das continxencias profesionais e en proporción á redución que experimente a xornada de traballo.

Pode ampliar esta información aquí.

Prestacións Sociais:

Comisión de Prestacións Especiais: A través deste órgano, integrado de forma paritaria polos representantes dos empresarios asociados e dos traballadores protexidos, outórganse prestacións adicionais de asistencia social non incluídas dentro do campo da Seguridade Social, aos traballadores ao servizo das empresas asociadas. Asemade, terán representación os traballadores adheridos aos traballadores autónomos.

Xestionan axudas extraordinarias de asistencia social e económicas específicas aos traballadores protexidos que teñan sufrido un accidente de traballo u enfermidade profesional con consecuencias graves (incapacidade permanente ou falecemento) ou aos seus dereitohabientes, que se atopan en situacións ou estados concretos de necesidade e acreditan carecer de medios económicos para facer fronte á situación.

[1] Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

[2] Lei 3/2007 para a Igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Enlaces relacionados:

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados