
Continxencias Profesionais
As Continxencias Profesionais derívanse, directa ou indirectamente, do traballo. Son os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Tamén teñen a consideración de continxencias profesionais os riscos durante o embarazo e durante a lactación natural, porque a súa existencia está asociada ao desempeño dun posto de traballo concreto e fóra de el non habería risco.
Que se considera accidente de traballo
O artigo 156 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (LGSS) determina que se entende por accidente de traballo toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión o por consecuencia do traballo que execute por conta allea. (Coa aprobación da Lei 20/2007, para os traballadores autónomos ou por conta propia que coticen por continxencia profesional esta definición tamén é válida “Entenderase como accidente de traballo do traballadorautónomo o ocorrido como consecuencia directa e inmediata do traballo que realiza pola súa propia conta e que determina a súa inclusión no campo de aplicación de este réxime especial”.).
Polo tanto, terán consideración de accidentes de traballo:
- Salvo proba en contrario, son constitutivas de accidente de traballo as lesións que sufra o traballador durante o tempo e no lugar de traballo.
- Os que sufra o traballador ao ir ou ao volver do lugar de traballo. “Accidente in itinire”. No caso dos traballadores autónomos entenderase como accidente de traballo o sufrido ao ir ou ao volver do lugar da prestación da actividade económica ou profesional a estes efectos entenderase como lugar da prestación o establecemento onde o traballador autónomos exerza habitualmente a súa actividade sempre que non coincida co seu domicilio e se corresponda co local, nave ou oficina declarado como afecto á actividade económica a efectos fiscais (artigo 316.2, parágrafo segundo, do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro).
- Os que sufra o traballador con ocasión ou como consecuencia do desempeño de cargos electivos de carácter sindical, así como os ocorridos ao ir ou ao volver do lugar no que se exerciten as funcións propias de ditos cargos.
- Os ocorridos con ocasión ou por consecuencia das tarefas que, aínda sendo distintas ás da súa categoría profesional, execute o traballador en cumprimento das ordes do empresario ou espontaneamente en interese do bo funcionamento da empresa.
- Os acaecidos en actos de salvamento e noutros de natureza análoga, cando uns e outros teñan conexión co traballo.
- As enfermidades, non incluídas no artigo seguinte, que contraia o traballador con motivo da realización do seu traballo, sempre que se probe que a enfermidade tivo por causa exclusiva a execución do mesmo.
- As enfermidades ou defectos, padecidos con anterioridade polo traballador, que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente.
- As consecuencias do accidente que resulten modificadas na súa natureza duración, gravidade ou determinación, por enfermidades intercurrentes, que constitúan complicacións derivadas do proceso patolóxico determinado polo accidente mesmo ou teñan a súa orixe nas afeccións adquiridas no novo medio no que se teña situado o paciente para a súa curación.
No terán a consideración de accidentes de traballo:
- Os que sexan debidos a forza maior estraña ao traballo, entendéndose por esta a que sexa de tal natureza que non garde relación algunha co traballo que se realizaba ao sobrevir o accidente. En ningún caso se considerará forza maior estraña ao traballo a insolación, o raio e outros fenómenos análogos da natureza.
- Os que sexan debidos a dolo ou a imprudencia temeraria do traballador accidentado.
Non impedirán a cualificación dun accidente como de traballo:
- A imprudencia profesional que é consecuencia do exercicio habitual dun traballo e se deriva da confianza que este inspira.
- A concorrencia de culpabilidade civil ou criminal do empresario, dun compañeiro de traballo do accidentado ou dun terceiro, salvo que non garde relación algunha co trabalo.
Que se considera enfermidade profesional
O artigo 157 do texto refundido da lei Xeral da Seguridade Social (LGSS) determina que se entende por enfermidade profesional a contraída a consecuencia do traballo executado por conta allea nas actividades que se especifiquen no cadro que se aprobe polas disposicións de aplicación e desenvolvemento desta Lei, e que estea provocada pola acción dos elementos ou sustancias que en dito cadro se indiquen para cada enfermidade profesional. (Coa aprobación da Lei 20/2007, para os traballadores autónomos ou por conta propia que coticen por continxencia profesional esta definición tamén é válida). (Artigo 316.2 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro).
Para que unha enfermidade sexa considerada como profesional deben darse os seguintes elementos:
- Que sexa a consecuencia das actividades que se especifiquen no cadro de enfermidades profesionais. É un cadro limitado, cun listado cerrado de enfermidades profesionais. Non obstante, as enfermidades profesionais que non se encontren reflexadas no mesmo, poden quedar incluídas no concepto de accidente laboral, segundo establece o artigo 156, apartado E, de la LGSS, pero non terán a consideración de enfermidade profesional.
- Que proceda da acción de sustancias ou elementos que no cadro de enfermidades profesionais se indiquen para cada enfermidade. Cando se pode establecer unha relación causal entre a exposición laboral e unha enfermidade que non estea recollida no cadro de enfermidades profesionais, dita enfermidade pode ser legalmente recoñecida como accidente de traballo (art.156, punto 2, letra “e” da LGSS)
Enlaces relacionados:
Compartir: Twitter Facebook Meneame Fresqui Delicious E-mail