
Prestación Económica
Como entidades colaboradoras coa Seguridade Social, as Mutuas asumen a xestión da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns:
Incapacidade Temporal (IT): É a situación na que se encontra o traballador cando está imposibilitado temporalmente para traballar e precisa asistencia sanitaria. Na situación de Incapacidade Temporal derivada de enfermidade común e accidente non laboral, a asistencia sanitaria será prestada polos Servizos Públicos de Saúde, mentres que a prestación económica (subsidio) que cubre a perda de rendas son financiadas e xestionadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en colaboración coas Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social.
Son beneficiarios da prestación económica:
- Os traballadores do réxime xeral, afiliados e en alta que teñan cuberto un período mínimo de cotización de 180 días dentro dos cinco anos anteriores á data de baixa.. En caso de accidente no laboral, non se exixirá ningún período previo de cotización. A cobertura de prestación económica de incapacidade temporal por continxencia común iniciase a partir do 4º día da baixa médica. O pago entre o 4º e o 15º día da baixa corre a cargo do empresario, a partir do 16º a responsabilidade de pago será do INSS o da mutua. Contía: 60% da base reguladora desde o 4º día da baixa ata o 20º inclusive e o 75% desde o día 21 en adiante. A duración máxima será de 365 días, prorrogables a outros 180 días cando se presuma que neste tempo o traballador poia ser dado de alta por curación.
- No caso dos traballadores por conta propia ou autónomos, recoñécese nos mesmos termos e condicións que no réxime xeral pero o pago o realiza directamente a entidade xestora ou mutua competente. Ademais, poderá ser solicitado previa solicitude do traballador do pago directo a dita entidade ou mutua colaboradora.
A xestión dos procesos de incapacidade temporal é unha labor fundamental das Mutuas. Consulte aquí en que consisten e como se xestionan os procesos de incapacidade temporal.
Enlaces relacionados:
Compartir: Twitter Facebook Meneame Fresqui Delicious E-mail