
Continxencias Comúns
A materialización dun risco que provoca un estado de necesidade protexido pola Seguridade Social é unha Continxencia.
Considéranse Continxencias Comúns aquelas que non gardan relación co desempeño dunha actividade laboral. Son as enfermidades comúns e accidentes non laborais.
Que se considera accidente non laboral e enfermidade común
O artigo 158 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social determina que se entende por accidente non laboral e enfermidade común:
- Considérase accidente non laboral o que, conforme ao establecido no artigo 156 do texto refundido da LGSS, non teñan o carácter de accidente de traballo.
- Considerarase que constitúen enfermidade común as alteracións da saúde que non teñan a condición de accidentes de traballo nin de enfermidades profesionais, conforme ao disposto, respectivamente, nos artigos 156 e157 do texto refundido da LGSS.
Enlace relacionado:
Compartir: Twitter Facebook Meneame Fresqui Delicious E-mail