Portada

Castellano
Prestacións Económicas

Prestacións Económicas

O sistema de protección por cese de actividade comprende as prestacións seguintes:

  • A prestación económica por cese total da actividade.
  • O abono da cotización de Seguridade Social por continxencias comúns ao réxime correspondente, durante a percepción da prestación económica por cese de actividade.
  • O sistema de protección por cese de actividade comprenderá, ademais, medidas de formación, orientación profesional e promoción da actividade emprendedora dos traballadores autónomos beneficiarios do mesmo, que correrán a cargo dos servizos públicos de emprego autonómicos (ou do Instituto Social da Mariña no caso dos traballadores do Réxime Especial dos Traballadores do Mar).

Poden optar a elas todos os traballadores autónomos afiliados á Seguridade Social e en alta no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, incluídos os traballadores por conta propia agrarios incluídos no Sistema Especial da Seguridade Social de Traballadores por Conta Propia Agrarios ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

Ante unha situación legal de cese de actividade, o autónomo que teña concertada a protección e reúna os requisitos establecidos poderá acceder a estaa prestación.

A duración da prestación estará en función dos períodos de cotización efectuados. Unha prestación económica por cese total e involuntario, temporal ou definitivo a actividade, consistente no 70% da base reguladora media cotizada durante os 12 meses continuados e inmediatamente anteriores ao cese de actividade.

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados