Portada

Castellano
Coberturas, Prestacións e Servizos

Coberturas, Prestacións e Servizos

É obxecto das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social o desenvolvemento mediante a colaboración co Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, das seguintes actividades:

-A xestión das prestacións económicas e da asistencia sanitaria, incluída a rehabilitación, comprendidas na protección das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, así como das actividades de prevención das mesmas continxencias que dispensa a acción protectora. Tamén teñen tratamento como continxencias profesionais:

  • A xestión das prestacións por risco durante o embarazo e o risco durante a lactación natural
  • A xestión da prestación por coidado de menores afectados por cancro u outras enfermidade grave

-A xestión da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns.

-A xestión das prestacións económicas por cese na actividade dos traballadores por conta propia, nos termos establecidos na Lei 32/2010, de 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cese de actividade dos traballadores autónomos coas modificacións establecidas na disposición final segunda da Lei 35/2004, (que suaviza os requisitos e formalidades da lei do 32/2010) e como recolle o Título V do Real Decreto Lei 8/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

-As demais actividades da Seguridade Social que lles sexan atribuídas legalmente.

Enlaces relacionados:
Continxencias Profesionais (accidente de traballo e enfermidade profesional)
Continxencias Comúns (accidente non laboral e enfermidade común)
Cese na actividade dos traballadores autónomos

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados