Portada

Castellano
Carta de dereitos e deberes

Carta de dereitos e deberes

Dereitos

Todos os pacientes/usuarios dos servizos sanitarios de Ibermutua teñen dereito:

1.Ao respecto a súa persoa, á autonomía da súa vontade e a súa intimidade, sen que poidan ser discriminados por razóns de orixe racial, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

2.A recibir un trato humano, amable comprensivo e respectuoso.

3.A recibir unha atención sanitaria de calidade que se concretará mediante a prestación dunha asistencia técnica correcta por persoal cualificado, e, en todo momento, cun trato personalizado.

4.A recibir completa información sobre os servizos e prestacións aos que pode acceder, e sobre os requisitos necesarios para que os mesmos lles sexan dispensados ou recoñecidos. Esta información será comprensible e poderá ser prestada na lingua ou linguas cooficiais de cada Comunidade Autónoma.

5.A recibir información completa e continuada, en todo o referentes ao seu proceso, incluíndo diagnose, alternativas de tratamento e os seus riscos e prognósticos, salvo nos casos, debidamente xustificados, nos que razóns de necesidade terapéutica fagan aconsellable a omisión da mesma, en evitación dun posible prexuízo. Esta información, que como regra xeral, proporcionarase verbalmente, será facilitada nunha linguaxe comprensible. No caso que o paciente non poida, manifestamente, recibir dita información esta deberá proporcionarse ás persoas vinculadas familiarmente ou de feito a el, ou aos seus representantes legais.

No caso de pacientes ou usuarios con necesidades especiais asociadas a unha situación de incapacidade (perda de visión, audición, capacidade de interlocución, etc…) a que lle sexan facilitados os medios adecuados para garantir o pleno exercicio dos seus dereitos.

6.A renunciar a recibir información sobre o seu estado patolóxico. Esta renuncia deberá ser expresa e formalizada por escrito, e quedará limitada por razóns de interese da súa saúde pública, da saúde pública de terceiros ou da colectividade e por razón das exixencias terapéuticas do seu caso concreto.

7.A que quede constancia de todo o seu proceso, por escrito ou en calquera tipo de soporte técnico adecuado, e á debida custodia de dita información clínica.

8.Á confidencialidade de toda a información relacionada coa súa persoa e, especialmente, co seu proceso clínico.

9.A que se lles asigne un médico, cuxo nome se dará a coñecer, e a que o mesmo sexa o seu interlocutor principal co equipo médico. No caso de ausencia, a que outro facultativo do mencionado equipo asuma tal responsabilidade.

10.A acceder a súa historia clínica e a obter copia dos datos en ela integrados, por si ou por representación debidamente acreditada, sempre e cando non se produza prexuízo a terceiras persoas, nin dereito dos profesionais.

11.A ser informado dos tratamentos levados a cabo cos datos persoais e os destinatarios dos mesmos, así como a solicitar, no seu caso, os consentimentos outorgados para ditos tratamentos. E ao acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal na forma e cos requisitos e limitacións que a lexislación, no seu caso, estableza en cada momento.

12. Á libre elección entre as opcións de índole asistencias que lle presente/n o/s responsable/s médico/s do seu tratamento, sendo preciso o seu consentimento previo, salvo nos seguintes casos:

a.Cando exista risco para a saúde pública

b.Cando exista risco inmediato grave para a integridade física ou psíquica do propia paciente/usuario e non sexa posible conseguir o seu consentimento, consultando cando as circunstancias o permitan, ás persoas vinculadas por razóns familiares ou de feito a el.

O consentimento será verbal por regra xeral salvo nos seguintes casos, nos que deberá ser prestado por escrito: intervención cirúrxica, procedementos diagnósticos e terapéuticos invasores e, en xeral nos casos de aplicación de procedementos que supoñan riscos ou inconvenientes de notoria e previsible repercusión negativa sobre a saúde do paciente/usuario, así como en aqueles supostos que se establezan na normativa que regula a actuación das Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.

13.A revocar en calquera momento e, en todo caso por escrito, o consentimento que tivera dado para calquera actuación no ámbito da súa saúde.

14.A negarse ao tratamento prescrito. En tal caso, propoñeráselle a firma dun documenta de alta voluntaria e advertiráselle da suspensión da prestación económica nos termos previstos no artigo 175 da Lei Xeral da Seguridade Social. Igualmente, poderá solicitar a alta voluntaria nos procesos asistenciais derivados de accidente de traballo e/ou enfermidade profesional.

15.A recibir un informe de alta ao finalizar o seu proceso asistencial.

16.Ao correcto funcionamento dos servizos asistenciais e administrativos e a que Ibermutua lle proporcione os medios e as condicións adecuadas que requira o seu proceso asistencial.

17.A coñecer e utilizar as diferentes canles para presentar reclamacións, queixas, suxestións en orde ao seu proceso asistencias e, en xeral, a comunicarse con Ibermutua, así como a recibir resposta ás mesmas.

18.Aos medicamentos e produtos sanitarios que se consideren necesarios para restablecer a súa saúde nos procesos asistenciais derivados de accidente de traballo e/ou de enfermidades profesionais.

19.A que se respecten e consideren as manifestacións que expresase no documento de instrucións previas, no documento de testamento vital, no documento de vontades anticipadas, ou en calquera outro documento cuxa finalidade sexa ordenar, a priori, as instrucións que sobre as actuacións médicas se deban ter en conta cando se encontre nunha situación na que as circunstancias que concorran non lle permitan expresar libremente a súa vontade.

Deberes

Todos os pacientes/usuarios dos servizos sanitarios de Ibermutua teñen o deber de:

1.Facilitar os datos sobre o seu estado físico actual ou sobre a súa saúde de maneira leal e verdadeira, así como colaborar na súa obtención. Igualmente deberán facilitar calquera outro dato necesario para a adecuada tramitación das prestacións que xestiona esta Mutua na súa condición de colaboradora coa Seguridade Social.

2.Coidar as instalacións e colaborar no mantemento da habitabilidade e seguridade dos centros de Ibermutua.

3.Respoonsabilizarse do uso adecuado das prestacións ofrecidas, fundamentalmente no que se refire á utilización de servizos, procedementos de baixa laboral ou incapacidade permanente, e prestacións terapéuticas e sociais.

4.Colaborar no cumprimento das normas e instrucións establecidas en e para cada centro asistencial.

5.Tratar con consideración e respecto ao persoal de Ibermutua, aos outros pacientes/usuarios e aos seus acompañantes.

6.Exixir que se respecten os seus dereitos.

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados