Portada

Castellano
Oficina de Atención ao Cliente

Oficina de Atención ao Cliente

No marco de mellora continua dos servizos, Ibermutua pon a disposición dos traballadores protexidos e as empresas asociadas a Oficina de Atención ao Cliente. A finalidade deste servizo é colaborar na satisfacción dos clientes, xerar un vínculo estable con estes e facilitar o seu acceso aos servizos dispoñibles, mediante unha atención personalizada.

As súas principais liñas de actuación son:

Proporcionar información actualizada sobre os nosos servizos e coberturas, mediante un contacto periódico e permanente cos nosos asociados.

Xestión das solicitudes, suxestións e reclamacións dos nosos clientes. Para elo poñemos a súa disposición diferentes canles de comunicación:

  • En Internet, a través da dirección de correo electrónico atencionalcliente@ibermutua.es, onde poden remitirnos os seus comentarios.
  • Na propia Oficina de Atención ao Cliente, existente nos nosos centros.
  • A través da Liña de Atención Telefónica Integral 24h de Ibermutua.
  • Mediante as “Tarxetas de Opinión”, dispoñibles nos nosos centros, que poderán cumprimentar e depositar nas caixas de correos de suxestións dispostas en toda a nosa rede de centros.
  • Ou a través de Cibermutua, canle específico de comunicación coa nosa empresa e colaboradores.

Impulsar a mellora dos nosos servizos, adecuándoos ás necesidades das nosas empresas e traballadores.

A Oficina de Atención ao Cliente é a garantía de que a Orientación ao Cliente é a nosa prioridade.

Enlaces relacionados:

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados