Portada

Castellano
Información para traballadores e empresas desprazados o que se despracen ao estranxeiro

Información para traballadores e empresas desprazados o que se despracen ao estranxeiro

Esta información tamén se pode solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social (vía telefónica ou a través da súa páxina web), que recomendamos consultar.

A modo de resumen e segundo o destino do traballador, deberá terse en conta:

TRÁMITE ADMINISTRATIVO

Para todos os destinos: terá que dirixirse á Tesourería Xeral e entregar o modelo de solicitude TA.300. Este modelo cumprimentarase cando un empresario envíe a algún dos seus traballadores a realizar a actividade temporalmente en outro país e en aplicación das normas internacionais de Seguridade Social poida ser de aplicación a lexislación española de Seguridade Social. E igualmente o traballador por conta propia que se traslade temporalmente a realizar a súa actividade a outro país e poida seguir mantendo a súa alta no réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia de acordo coa norma internacional aplicable.
Tamén se cumprimentará no suposto de realizar a actividade por conta allea ou propia simultánea ou alternativamente en varios países da Unión Europea, Espazo Económico Europeo e Suíza. Cando se trate da aplicación dos Convenios bilaterais, do Convenio Multilateral Iberoamericano ou do Convenio Europeo será necesario adxuntar o formulario correspondente establecido para cada Convenio, en tres ou catro exemplares segundo se indica nas instrucións de cada formulario.

Consulte as Oficinas de enlace de traballadores desprazados

1. Países nos que se aplica o Regulamento Comunitario

Países da Unión Europea: Alemaña, Austria Bélxica, Bulgaria, República Checa, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido (Xibraltar), Romanía e Suecia.

Países do Espazo Económico Europeo: Islandia, Liechtenstein e Noruega

Suíza

Formularios de traballadores desprazados a países da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou Suíza

Para os traballadores que exercen unha actividade por conta allea ao servizo dunha empresa en España e son desprazados pola mesma a realizar a actividade a outro país comunitario, se solicitará ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administracións da mesma, a expedición do formulario E-101 “Certificado de lexislación aplicable”. Para elo, a empresa ou o traballador por conta propia efectuarán a súa solicitude mediante o modelo TA.300 “Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable”. (Un exemplar)

A Dirección Provincial ou Administración correspondente expedirá o formulación E.101 no que se certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento a un país membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou a Suíza e en consecuencia está exento de cotizar á Seguridade Social do país respectivo. Tamén deberán solicitar a emisión do formulario E106/S1 que cubre a asistencia sanitaria dos traballadores e dos familiares que lles acompañan.

Ademais deste formulario o traballador deberá dispoñer da tarxeta sanitaria europea (TSE) en vigor, para as súas viaxes a outros países onde non estean destacados por motivos de traballo. Deberase xestionar a través do INSS ou telematicamente.

Solicitude Tarxeta Sanitaria Europea (TSE)

*Os traballadores que se despracen a exercer a actividade a Francia e sexa aplicable o artigo 17 do Regulamento 1408/1971 ou o artigo 16 do Regulamento 883/2004, débese adxuntar debidamente cumprimentado o cuestionario.

2. Países con Convenio Bilateral

Andorra, Arxentina, Austria, Brasil, Cabo Verde, Canadá, Chile, Colombia, Corea, República Dominicana, Ecuador, Estados Unidos, Filipinas, Xapón, Marrocos, México, Paraguai, Perú, Rusia, Túnez, Ucrania, Uruguai, Venezuela.
(Lista actualizada a marzo de 2015)

Formularios de traballadores desprazados a países con convenio bilateral

Cando un traballador se despraza a algún destes países, antes de efectuar o desprazamento, a empresa deberá cumprimentar o modelos de solicitude TA.300 e ademais o formulario correspondente segundo o país de traslado, cumprimentados en tres exemplares (para os desprazamentos iniciais) ou en catro exemplares (para as prórrogas).

Consulte os Convenios Bilaterais

3. A países do Convenio Multilateral Iberoamericano de Seguridade Social

Formularios de traballadores desprazados a países do Convenio Multilateral Iberoamericano de Seguridade Social

Nota Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social: Aínda non están aprobados definitivamente os formularios para a aplicación deste Convenio Multilateral por parte da Secretaría Xeral da OISS, tense constancia da súa utilización por parte dos outros países, por tanto, utilizaranse tamén en España os formularios correspondentes. Ademais do formulario correspondente débese presentar o modelo de solicitude TA.300.

4.A embaixadas e consulados de países sen Convenio Bilateral

Formularios a embaixadas sen convenio bilateral

Estes formularios utilízanse para os traballadores desprazados a exercer a súa actividade nas Misións Diplomáticas ou Oficinas Consulares de España no estranxeiro ou para o persoal ao servizo dos representantes destas misións ou oficinas, a países que non teñen subscrito convenio de Seguridade Social ou, que existindo, non recollen este desprazamento.

5. Turquía

Formularios de traballadores desprazados a Turquía

Débese presentar o modelo de solicitude TA.300. Ademais do formulario correspondente para o desprazamento de traballadores a Turquía.

6. Ás illas de Man ou de Xersei (Reino Unido)

Formularios de traballadores desprazados ás illas de Man ou de Xersei (Reino Unido)

Débese presentar o modelo de solicitude TA.300. Ademais do formulario correspondente segundo o país de traslado.

7. A Suíza (para nacionais de terceiros países –non da Unión Europea-)

Formularios de traballadores desprazados a Suíza (para nacionais de terceiros países –non da Unión Europea-)

Ademais do formulario correspondente segundo o país de traslado débese presentar o modelo de solicitude que corresponda ao desprazamento TA.300.

*Se o traballador recibiu prestacións sanitarias por continxencia laboral nun estado membro da CEE, EEE ou Suíza sen ter presentado a Tarxeta Sanitaria Europea, o traballador ou a empresa deberán abonar os gastos xerados e, posteriormente, solicitar o reintegro dos mesmos na Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, aportando a oportuna documentación xustificativa. Actuarase igual nos casos de países con convenio bilateral con inclusión de asistencia sanitaria. En todo caso, utilizaranse sempre os servizos sanitarios públicos excepto en caso de urxencia vital. En ambos casos o sistema de asistencia sanitaria será o vixente no país de destino. Países sen convenio bilateral de asistencia sanitaria: Os gastos polas prestacións sanitarias recibidas serán aboados pola empresa ao centro sanitario que as prestara, actuando posteriormente do mesmo modo, descrito anteriormente, para o seu reintegro.

ASISTENCIA SANITARIA

No caso de accidente laboral, o traballador pode recorrer ao número de teléfono 0034-917-445-101 e informar do suceso.

En función da posible gravidade da lesión, será atendido telefonicamente por un equipo médico que valorará a situación e, de ser medicamente necesario, activarase o seu traslado a un centro sanitario público.

A partir dese momento, o lesionado pasará a depender da sanidade do país onde estea desprazado. Nos casos de gravidade ou ingreso hospitalario, este servizo de asistencia telefónica tamén encargarse de solicitar os informe médicos oportunos que, se remitirán ao centro asistencia de Ibermutua, para que leve a cabo o seguimento do proceso. Nos casos leves, aconsellarase que se acuda ao centro sanitario público que o traballador accidentado teña máis próximo, utilizando os medios propios. Non se adiantará ningún importe pola asistencia sanitaria recibida, excepto que se teña activado por dito servizo de asistencia telefónica un traslado sanitario de urxencia, desde o luar do accidente ao centro sanitario. Neste último caso, o importe que se xere este traslado se facturará, posteriormente, ao centro responsable da Mutua.

Importante: Para os países da CEE, EEE, Suíza e os que teñan convenio bilateral con inclusión da asistencia sanitaria: como Andorra e Chile nos que só se contempla a asistencia sanitaria para os traballadores nacionais de ditos países, empregados/asegurados en España e desprazados ao seu país, deberán utilizar, se se necesitan, os servizos sanitarios públicos ou concertados, os cales realizarán o trámite da facturación a través dos organismos oficiais (en España o INSS, e no outro país, o organismo análogo). No caso de utilizar centros privados á marxe do sistema sanitario do país de destino, o traballador ou empresa deberán asumir o coste da asistencia sanitaria recibida, sen posibilidade de reintegro de gastos, excepto nos casos de urxencia vital.

*O Regulamento Comunitario 859/03 para nacionais a terceiros países con permiso de residencia en vigor, non se firmou por Dinamarca, Islandia, Liechtenstein,, Noruega e Suíza, por tanto a estes países os traballadores destacados nacionais de terceiros países non levan incluída a asistencia sanitaria.

*Para os países con convenio bilateral, nos desprazamentos por motivo de traballo soamente levan incluída a asistencia sanitaria: Andorra e Chile. Brasil tamén debería levala pero este país considera derrogado o convenio bilateral desde o ano 2005 e non emite formulario de asistencia sanitario nin os acepta o que non impide emitir o formulario que inclúe a asistencia sanitaria. Os demais países que o convenio bilateral inclúe a asistencia sanitaria, Marrocos, Perú, Túnez, o desprazamento por motivo de traballo non leva incluída a asistencia sanitaria. Ecuador firmou un novo convenio bilateral que entrou en vigor o 01-01-2011 que no leva incluída a asistencia sanitaria en ningunha situación de desprazamento.

Para os países con convenio bilateral sen a inclusión de asistencia sanitaria: Arxentina, Australia, Cabo Verde, Canadá, Colombia, Corea, Estados Unidos, Filipinas, Marrocos (excepto traballadores con nacionalidade marroquí), México, Paraguai, Perú (excepto traballadores con nacionalidade peruana), Turquía, Ucrania, Uruguai, Venezuela e o do resto do mundo non contemplados anteriormente, deberán utilizar tamén os servizos sanitarios públicos e facer efectivos os importes da asistencia sanitaria recibida. Estes importes serán reintegrados pola Mutua Colaboradora da Seguridade Social nos casos de continxencia laboral, previa presentación da oportuna documentación.

Observacións. Os consulados dalgúns países deste último grupo poden exixir, para a expedición do correspondente visado, a presentación dunha póliza de cobertura de saúde (a contratar por parte da empresa ou traballador con calquera compañía de seguros).

Repatriación. Se o traballador accidentado queda ingresado nunha institución hospitalaria no estranxeiro, o servizo médico da Mutua valorará a conveniencia do seu traslado ou repatriación. Ibermutua solo asumirá os gastos ocasionados con motivo dun traslado ou repatriación levada a cabo como parte do proceso asistencia, e sempre e cando haxa prescrición médica que o aconselle. No caso que o traballador poda recibir o tratamento inicial ou completo no estranxeiro, e non haxa motivo médico que recomende o regreso do paciente (aínda que o traballador estea de baixa médica e queira volver ao seu domicilio mentres dure o proceso de curación), a Mutua non poderá asumir lealmente os gastos derivados do traslado ou repatriación. Estes deben correr a cargo da empresa.

Compartir: Meneame Fresqui Delicious

Hide picture
© Ibermutua, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 274.
Todos los derechos reservados