
Liña de Atención Telefónica Integral 24 horas
En caso de urxencia médica por accidente de traballo, en Ibermutua atendémoslle de forma inmediata, a calquera hora do día e os 365 días do ano, a través da Liña de Atención Telefónica Integral 24h, co número gratuíto 90 23 33 33. Este servizo telefónico dispón dun equipo de profesionais sanitarios que atende e xestiona as urxencias médicas por accidente de traballo e enfermidade profesional, tanto en España como no estranxeiro.
Así, todo traballador protexido por Ibermutua que teña un accidente laboral pode solicitar asistencia médica na Liña de Atención Telefónica Integral 24h. Un profesional médico, tras obter os datos do que sucedeu e comprobar cal é o estado do paciente, valorará a gravidade da lesión, os servizos médicos que poda precisar e indicará o hospital o centro asistencial más próximo ao que pode acudir, así como o medio de transporte máis adecuado para trasladar ao accidentado.
Se o accidente laboral ten lugar no estranxeiro, ao persoal médico dará as pautas necesarias para a asistencia médica e a repatriación do accidentado, se fose necesario. Para solicitar asistencia desde o estranxeiro deberá contactar a través do número + 34 91 744 5101.
Ademais, este número facilita Información para empresas e traballadores que se despracen ao estranxeiro. As empresas e os traballadores que se vaian a desprazar ao estranxeiro poden consultar os trámites e xestións previas necesarias que deben realizar, tanto a empresa como o traballador, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social. O 900 23 33 33 tamén proporciona información relativa á rede de centros asistenciais e administrativos de Ibermutua.
Se necesita solicitar información e asesoramento sobre as coberturas, prestacións e servizos de Ibermutua, así como tramitar e xestionar diferentes solicitudes, pode contactar con nosoutros, a través do teléfono 900 23 33 33. Este teléfono tamén prestará asistencia aos servizos transaccionais: Ibermutua digital Personas, Portal Divulgativo PRL e Ibermutua digital Empresas e Asesorías, facilitando información sobre as súas funcionalidades, como obter as claves de acceso, ,etc. y resolvendo as dúbidas e incidencias que lles poidan xurdir aos seus usuarios.
Máis información:
- Ver folleto informativo de Atención Telefónica Integral 24h de Ibermutua. Todo Ibermutua nun número
- Descargar Tarxeta de Atención Telefónica Integral 24 de Ibermutua (Pdf, 60 kb)
- Solicitar a nova tarxeta de Atención Telefónica Integral 24h (indicar no campo de Consulta, “Solicitude tarxeta Atención Telefónica Integral 24h”)
Compartir: Twitter Facebook Meneame Fresqui Delicious E-mail